Arancinis de lacón e queixo

arancinis de lacón

Os arancini son unha receita típica de Italia que, igual que as croquetas, serve para aproveitar as sobras do risotto. Chamánse así porque asemellan pequenas laranxas, o tamaño e forma varía nas diferentes rexións italianas: en Sicilia son máis grandes e picudos, mentres que na península son pequeniños. Este é o tamaño que imos usar nesta receita, porque é máis doado fritilos así.

O recheo pode variar, se por algunha razón estrañísima non vos gusta o lacón e o queixo, podedes probar chícharos, espinacas, carne picada, etc. A miña receita é unha variación desta, que leva cordeiro.

Ingredientes

25 gr. de manteiga

200 gr de arroz redondo

600ml de caldo de polo

1 culler e media de aceite de oliva

1 cebola grande, cortada en anacos moi pequenos

2 dentes de allo, pelados e esmagados

150 gramos de lacón cocido

100 gr de queixo brie, de Arzúa, calquera que sexa suave

2 ovos batidos

100gr de pan raiado

50gr de fariña, para rebozar

1 culler de tomiño

Sal e pementa

Aceite de xirasol, para fritir

  1. Derretir a manteiga nunha tixola. Botar o arroz, e cano quente, engadir 100ml de caldo. Ferver durante dous minutos ata que o arroz absorva o caldo e repetir a operación ata acabar o líquido (leva aproximadamente 40 minutos). Reservar.
  2. Quentar o aceite de oliva noutra tixola grande, botar a cebola e o allo e remexer. Cando a mestura estea branda, engadir o lacón co sal e a pementa e douralo.
  3. Quitar a meirande parte do aceite e verter o arroz do paso 1, xunto co tomiño, o queixo en dadiños e un chisco máis de pementa. Remexer cun pau e facer bolas cas mans, de aproximadamente 50 gramos cada unidade.
  4. Colocar a fariña, os ovos e o pan raiado en diferentes pratos. Rebozar primeiro coa fariña, logo cos ovos e finalmente co pan.
  5. Nunha tixola botar aceite de xirasol ata que haxa 0,5 cm de profudidade. Cando estea quente (facede a proba botando unha miguiña, debería dourar en 30-40 segundos) fritir as bolas tendo coidado que se se fagan por todos os lados.
  6. Colocar nun plato con papel de cociña por debaixo, para que chunche a graxa sobrante. Se os comedes de seguido estarán máis crocantes, pero se os deixades para o día seguinte, terán máis sabor 😉

 

Mmmmmmmmmmmmm

Mmmmmmmmmmmmm


Comments

Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *