Arroz con chícharos…e carne

As combinacións de arroz ou pasta con legumes e carne son unha aposta segura para conseguiren un prato doado e saboroso que inda por riba, dure varios días. Este é un prato ideal para facer moito e deixalo para levar nunha tarteira ou para a fin de semana, por se non apetece cociñar. ao dia seguinte estará máis bo 😉

Se vos gusta o arroz, prato cada vez máis extendido en Galicia (ao principio só se tomaba coma sobremesa, feito con leite e azucre) podédeslle botar un ollo a esta receita de arroz con ñoras e polo ou a este risotto con viño, que non leva carne.

Ingredientes (para 4 ou 5 racions)

200 gr. de arroz redondo

800 ml. de auga

1 dente de allo pelado, cortado á metade

8 culleres de aceite de oliva

500 gr de carne de vacun picada

250 gr de chícharos en conserva

100 ml. de viño branco

1 culleriña de sal

Pementa negra ao gusto

  1. Para facer un arroz branco, botamos tres culleres de aceite nunha tixola grande, quentámolas e despois botamos o arroz, o dente de allo, media culleriña de sal e un chisco de pementa. Remexemos ben e cando o arroz estea ben mesturado co aceite, botamos a auga.
  2. Quecemos a lume alto durante 10 minutos e a lume baixo outros 10. Retiramos e deixamos repousar na tixola.
  3. Noutra tixola, botamos o resto do aceite e cando quente, fritimos un chisco a carne. Engadimos o viño, os chícharos e un pouco de sal, e quecemos a lume baixo durante 15 minutos, ata que estea ben cocido e teña mollo.
  4. Mesturamos todo na tixola grande, quentámolo un pouco se queremos e… que aproveite!

 

arroz-con-chicharos2


Comments

Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *