Arroz con ñoras e polo

As ñoras son un pemento típico de Levante que se deixa secar ao sol. Despois úsanse coma condimento da salsa de calçots e para facer arroces, aos que lle da unha bonita cor laranxa. Ten un sabor doce e moi agradable (non pica), pódese comprar na sección de especias do Dia, onde venden o loureiro en bolsas, entre outros lugares. Se sabedes de máis sitios, escribídeo nos comentarios 🙂

Este arroz leva un pouco de traballo, polo que é recomendable facer o doble e gardalo varios días: ao día seguinte é cando máis sabe. Usade a tixola máis grande que teñades pola casa, pero nunca unha pota!

Ingredientes (para 4 racións)

300 gr. de arroz

4 coxas (zancos) de polo

2 ñoras

1 pemento verde

1 cebola grande

1 dente de allo

300 gr. de tomate triturado

600 ml. de caldo de polo

Medio vaso de viño branco seco

Aceite de oliva (indícase en cada paso canto)

Sal e pementa ao gusto

  1. Nunha tixola mediana poñemos 3 culleres de aceite e fritimos as ñoras a lume medio.
  2. Retirámolas e cando enfrien, quitámoslles o rabiño e cortámolas en anacos.
  3. Cortamos a cebola e o pemento e na mesma tixola de antes cocémolas con 3 culleres de aceite de oliva. Cando estean tenras retirámolas a un prato.prep1
  4. Na tixola botamos o tomate triturado, as ñoras e o allo cortado en anaquiños pequenos. Cocemos a lume medio.
  5. Salpementamos o polo e poñemolo a cocer na tixola cos ingredientes do punto anterior durante 15 minutos. Despois retirámos as coxas a un prato.prep2prep3
  6. Nunha tixola grande botamos dúas culleres de aceite e engadimos o arroz, o rustrido do tomate e máis a cebola e o pemento. Remexemos un pouco cunha culler de pau para que os grans de arroz chunchen o sabor. Botamos o caldo de polo, as coxas e o viño branco, e deixamos cocer sen tapar durante 15-20 minutos a lume alto pero non ao máximo, tendo conta de que non pegue.prep4
  7. Apagamos o lume e deixamos repousar tapado cun pano ou tapa durante 5 minutos.

Que aproveite!

arroz_nhoras2


Comments

Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *