Arroz tapado

Unha receita típica do Perú, con ingredientes que todo o mundo ten na casa. A gracia da receita está na súa presentación, facendo un “pastel” cunha capa de arroz, outra de guiso e outra de arroz.

 

Ingredientes (para catro persoas):

500 gr. de arroz – dous vasos e medio

500 gr. de carne picada

4 ovos cocidos

3 tomates

1 cebola grande

200 gr. de uvas pasas

200 de olivas negras – sen óso

2 culleres de allo seco – pódese substituir por dous dentes ben picados

3 culleres de aceite de oliva

Sal e pementa

tapado3

  1. Facemos o arroz branco. O meu consello é que o fagades nunha tixola e non na pota, porque queda máis solto e non se pega tanto. Usar dúas partes de auga por unha de arroz, se vedes que queda seco, engadide un chisco máis de auga.
  2. Noutra tixola pomos dúas culleres de aceite de oliva. Cortamos a cebola moi finiña e dourámola. Cando comece a estar transparente, botamos os tomates en cachiños, e agardamos tres minutos.
  3. Engadimos a carne picada con sal e pementa, e as olivas en láminas. Cando estea lista a carne, botamos as pasas e os ovos cocidos cortados en cadradiños.
  4. Untamos un bol ou molde pequeno pouco profundo co resto do aceite, poñenos unha capa de arroz, esmagámolo un pouco. Despois botamos unha capa de guiso e outra de arroz.
  5. Vertemos o arroz nun prato e decoramos con perixel.
tapado2

Preme na imaxe para vela máis grande

 

 

Nota: O truco para que non se desfaga é que o arroz non estea moi quente.

Que aproveite!

 

 


Comments

Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *