Bacallau dourado (ou á portuguesa)

O bacallau dourado é un prato típico de Portugal que a miña nai facía as fins de semana na aldea da Baixa Limia. Non somos portugueses, pero por poucos kilómetros 😉 Pode ser que a receita non sexa súper ortodoxa, pero asegúrovos que está boísimo: paga a pena levar o traballo de desalar o bacallao e aguanta ben dous ou tres días no frigorífico, aínda que o mellor é comelo recén feito.

Pódese empregar bacallao en anacos grosos ou en migas, pero sempre salgado, que é o que lle vai dar ese toque especial.

Ingredientes:

750 gr de bacallao salgado

750 gr de patacas cortadas en rodas finas

300 ml. de aceite de xirasol

2 ou 3 ovos

1 cebola grandona

100 gramos de fariña

Pementa ao gusto de cada un

bacallau2

  1. Para desalgar o bacallao hai que empezar 72 horas antes. Enchemos un bol de auga e metemos o peixe, tendo conta de que estea totalmente mergullado. Cada 12 horas (pola mañá e pola noite, vamos) cambiamoslle a auga.
  2. Quentamos o aceite de xirasol nunha tixola e fritimos as patacas 5 ou 10 minutos, ata que estean douradas por fóra e duras por dentro.
  3. Rebozamos o peixe e frtímolo brevemente para selalo polas beiras, non fai falla que coza por dentro.
  4. Cortamos as cebolas en rodas finas. Co lume baixo e un chisco de aceite, pasámolas ata que douren.
  5. Nunha fonte grande colocamos unha capa de patacas, sen apilalas. Despois engadimos unha capa de cebola e os anacos de bacallao. Como é moi salgado non cómpre botarlle sal, só un pouco de pementa se queredes.
  6. Batimos os ovos e cubrimos con eles o contido da fonte.
  7. Co forno a 170º deixámolo cocer durante 20 ou 30 minutos, ata que o ovo solidifique. Et voilà!

bacallau3

Podedes engadirlle perixel e olivas negras. Que aproveite!


Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *