Estas barcas de cabaza so precisan un pouco de xeito ao coller o coitelo, polo demáis, son ben doadas e quedan moi ben nunha comida/cea con convidados. Se vos gusta esta verdura, temos ben de receitas con, ela, como por exemplo estas chulas de cabaciña, ou coca. Tamén lle podedes botar un ollo a estas berenxenas recheas con carne queixo feta, ou estas (aptas para vexetarianos), recheas do queixo asturianu Afuega’l pitu.

Ingredientes (para 4 ou 2 racións, dependendo se é entrante ou prato principal)

2 cabaciñas grandes

1 cebola grande, ou dúas pequenas

3 latas pequenas da atún (as que veñen nun pack)

2 pementos vermellos

100 gr. de queixo San Simón, relado.

6 culleres de aceite de oliva virxe extra

Un pouco de sal

  1. Lavar, pelar e cortar as cebolas en rodas moi finiñas.
  2. Quecer o aceite nunha tixola a lume medio.
  3. Lavar as cabeciñas, cortalas ao longo en dúas metades e sacarlle a polpa cun coitelo pequeno.
  4. Botar as rodas de cebola e a polpa das cabaciñas, co sal, e seguir cociñando a lume medio, ata que comece a transparentar.
  5. Mentres, lavar e cortar os pementos en anacos moi pequenos.
  6. Prequentar o forno a 180º.
  7. Engadir os pementos e seguir quecendo a mestura da tixola a lume medio.
  8. Apagar o lume da tixola e engadir o atún (escoado e esfarelardo) e u pouco do queixo San Simón, relado.
  9. Meter o contido de volta no “concho” das cabaciñas e botar o queixo restante por riba.
  10. Poñer un papel de aluminio na bandexa do forno e colocar as barcas de cabaciña por riba.
  11. Cocer no medio forno durante 20 minutos. Despois, co calor só por riba, subímolas un nivel e cocémolas 5 minutos máis, para que o queixo quede un pouco torradiño.

Servímolas quentes, se non se van comer no momento aguantan ben un par de días no frigorífico.

Que aproveite!