Berenxenas afuega’l pitu

Hai una meses xa fixemos unha receita de berenxenas recheas de carne, e desta vez voltamos cunha versión vexetariana e de influencia asturiana: O queixo afuega’ pitu (traducido sería algo coma “afoga o polo”) é un dos máis senlleiros de Asturias, e presentase en diferentes variedades. O que eu utilicei é o Atroncau roxu, con forma de pirámide e un leve sabor picante. A súa textura e sabor combinar moi ben coa berenxena.

E vós, con que recheades as berenxenas? se tendes ideas, suxestión, etc. deixádeas nos comentarios ou no Twitter: https://twitter.com/queroxamon

Ingredientes (para dúas racións)

Unha berenxena mediana

Unha cebola pequena

150 gr. de afuegal’ pitu roxu

4 culleres de pan relado

8 culleres de aceite de oliva, para fritir.

Un chisco de queixo relado para decoraren

  1. Lavamos a berenxena e cortámola á metade ao longo. Cun coitelo pequeno sacamos a polpa en anacos, tendo conta de non romper a pel.
  2. Prequentamos o forno a 180º
  3. Cortamos a cebola en rodas finas e fritímola a lume medio con 6 culleres de aceite e a polpa de berenxena. Aos 10-15 minutos, cando esteán un pouco brandos, engadimos o pan relado e o queixo Afuega’l pitu cortado en anacos (hanse desfacer un pouco, pero non pasa nada).berenxena_pitu3 Remexemos e deixamos repousar 10 minutos ca calor da cociña xa apagada.
  4. Enchemos as berenxenas co recheo, botámoslle unha culler de aceite de oliva a cada unha e decoramos co queixo.
  5. Colocamos as metades nunha fonte de cristal ou barro, e cocémolas no forno durante 25 minutos, aproximadamente: o queixo da superficie ha de estar ben derretido, e a pel das berenxenas un pouco rugada.berenxena_pitu1

Que aproveite!

berenxena_pitu2  berenxena_pitu5

 

 

 


Comments

  1. Bolboretas no bandullo
    04/12/2014 - 20:41

    Que pintaza!!! Mmmmmmm… que fame! Estou por ir ao super por unha berenxena, hahaha!
    Moitos bicos!!

  2. Afuega el pitu non ten esa tradución. Sinifica que pica tanto que afoga a voz. Eso me contou o dono dun ultramarinos de xixon. O prato moi boa pinta.

    • Ola Lali! Non tiña nin idea, pero ten moito sentido! Un saúdo e grazas pola aportación!

Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *