Biscoito de avea, plátano e cacao

Ola de novo! Nestes días complicados, volvemos cunha receita singela que vai facer os vosos almorzos e merendas moito mais interesantes. Trátase dun queique con ingredientes doados de atopar, que se vai enseguida e que ainda por riba non engorda. Que mais se lle pode pedir!

Para facelo eu usei “leite” de avea, pero podedes empregar a que teñades na casa, tanto dá. Respecto á fariña de avea, o máis práctico é comprar os flocos e moelos na casa xunto cas noces. 

Como todos os biscoitos que levan froita, aguantan un pouco menos, pero durante 3 ou 4 días estará ben bo. Se quereres mais receitas semellantes, vistade esta dun biscoito con canela e mazá, a de clara de ovo e arandos ou esta de biscoito de amorodos.

Ingredientes (para un biscoito de 8-10 porcións)

250 gramos de fariña de avea

50 gr de noces peladas

2 plátanos ben maduros

2 ovos grandes

200 ml de leite 

75 ml de aceite de oliva virxe, máis un chisco para engraxar o molde

50 gr de azucre

50 gr de cacao desgrasado en po

15 gr de fermento químico en po (tipo Royal)

Media culleriña de sal

Media culleriña de extracto de vainilla (opcional)

  • Prequecemos o forno a 175º
  • Nun bol, botamos os plátanos pelados e cortados, o leite, o aceite e os ovos (e o extracto de vainilla). Batemos ben ata formaren unha pasta homoxénea.
  • Engadimos a fariña de avea e as noces picadas ou moídas, o sal, o azucre, o cacao o fermento.
  • Untamos o molde con aceite de oliva e un pano de papel.
  • Cocemos no forno a altura media durante 50-60 min. Probade a meter un cotillo no medio, e se sae seco significa que xa está listo.
  • Decoramos con azucre glas e guardamos nun recipiente hermético. 

Qué vos parece? Estados aproveitando estes días para cociñar cousas novas?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *