Cadradiños de chocolate (sen forno)

Esta receita é unha das máis sinxelas que levamos publicado, está pensada para facer con cativos ou para aqueles que non teñen forno na casa. Bueno, en realidade é para calquera que giste do chocolate. Se estades nese grupo, mirade tamén esta receita de torta de mousse de chocolate e café ou esta de cookies de chocolate: lambiscadas para todos!

Unha vez feita pódese gardar varios días na neveira ou incluso no conxelador.

Ingredientes (para 9 ou 12 cadrados, dependendo do molde e as porcións)

300 gr. de chocolate de fundir

180 ml. de leite condensado

100 gr. de galletas

80 de noces

30 gr. de cacau en po

  1. Picamos as galletas nunha trituradora ata que se fagan po.
  2. Nun bol de cerámica botamos 100 gr. de chocolate e fundímolos no microondas. A mellor opción é poñelo en modo “Desconxelar” e facer intervalos de 30 segundos, revisando e remexendo cada vez.
  3. Nun bol grande mesturamos o po do paso 1, o cacau, o leite condensado, as noces picadas e o chocolate derretido, remexendo cunha culler de pau.
  4. Nun molde cadrado ou rectangular estendemos a masa e aplastámola ca culler de pau ata que quede lisa e uniforme. Deixamos arrefriar.
  5. Derretermos o resto do chocolate repatindo o paso 2, estendémolo por riba usando unha culler normal, ata que quede liso. Deixamos arrefriar fóra e logo metémolo no frigorífico, deixándoo repousar a lo menos dúas horas. Ao día seguinte aínda estará mellor.

Que vos parece? Ídelo facer na casa?

cadradinhos_chocolate_1


Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *