Carne richada

A carne richada é un deses pratos que non coñecía para nada ata hai un par de anos. Non entendo moi ben como na zona Ourense a xente (case) nunca cociña isto, estando tan boa como esta. Como en todas as receitas tradicionais, hai 1000 versións diferentes e cada un di que a súa é a mellor: hai richada de Forcarei, da Peroxa, de Silleda, etc.

Eu fixen unha mestura de receitas que vin por aí e o meu gusto persoal: os pementos vermellos non me sentan ben e cambieinos polos de piquillo, que lle dan unha sabor doce moi interesante.

A miña recomendación principal é que a carne sexa moi boa e tenra: a que máis se emprega para este prato é a croca da vaca, pero vale calquera que non teña moito nervio nen moita graxa. Espero que vos guste, se tendes suxestións, ideas… deixádeas por favor nos comentarios!

Ingredientes (para 4 racións)

800 gr. de carne de vacún

100 gr. de tiras de pementos de piquillo

1 pemento verde

1 cebola grande

Unha presa de fariña de trigo

1/2 vaso de viño branco

Aceite de oliva

Sal e pementón (doce, picante ou mesturado: o que máis vos guste)

  1. Cortamos a carne en tiras pequenas, engadimos o sal e o pementón, rebozámolas na fariña. Retiramos a un prato.
  2. Cortamos a cebola e os pementos en tiras finiñas.carne_richada
  3. Nunha tixola quentamos o aceite e fritimos a cebola e os pementos a lume medio, ata que estean brandos. Retiramos a un prato.carne_richada3
  4. Engadimos un pouco máis de aceite na tixola e fritimos a carne, durante pouco tempo. Cando estea pasada polos lados (na foto, obvio, só esta lista por un), baixamos o lume e engadimos o viño branco. Cocemos durante 2 minutos máis. Mesturamos co pemento e a cebola, remexendo ben para que os sabores se mesturen.
  5. Servimos de seguida, acompañados de cachelos ou patacas fritidas, ao gusto de cada un!

carne_richada2

Que aproveite!

 


Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *