Cervexas artesás galegas – primeira parte

Dende fai xa algún tempo, están a xurdir moitas pequenas empresas que comercializan cervexa artesanal, unha tendencia que ven de Estados Unidos e outros países de Europa. Segundo Javier Acosta neste artigo de Atlántico.net o segredo do éxito das cervexas galegas está na auga, xa que a súa calidade evita que haxa que limpala our engadirlle enriquecedores alimenticios; tan só é necesario deixala repousar para eliiminar o cloro.

Aquí vai unha pequena escolma de cervexas que coñecín a través de internet ou por amigos (aínda non puiden probalas todas). OLLO: non todas se comercializan, algunhas só se fabrican de xeito caseiro e distribuense entre coñecidos ou en eventos especiais. Se coñecedes algunha outra, dade aviso nos comentarios, no Facebook, no twitter ou por mail á dirección queroxamon [@] gmail.com.

Por orde alfabética:

Dama alaricana

dama

A familia Conde-Rodicio elabora cervexa con produtos naturais e con auga natural da Portela de Airavella, en Allariz. Durante a súa produción non se utilizan conservantes nin colorantes artificiais. Esta cervexa artesá non está pasteurizada e realiza a súa segunda fermentación en botella. Segundo a súa web, é unha cervexa queimada/torrada, de cor ambar con fulgores avermellados, escuma densa e branca de aspecto cremoso e burbulla fina. Carbónico tenue. Aroma intenso claramente maltoso a cereal, con notas de galleta acaramelada e coñac. De sabor doce e lixeiramente áspero ao padal con amargor seco e sutil.

Deep taste

deep-taste

Non se comercializa: Unha iniciativa de Ourense que ofrece cervexas cunha grande carbonización, sen filtrar nen pasteurizar. Teñen dúas variedades: Alter Ego, con corpo e sabor intensos e dunha una alta graduación alcohólica, e Heisen Beer, cervexa de trigo estilo alemán, de cor escura e corpo lixeiro.

De Lago

cerveza-vigo-470x260
Foto: La aprendiz de chef

Fabricada en Vigo por Javier Acuña, elaboran polo momento 500 litros semanais. Vendese do barril ou embotellada, e ten tres variadades: Zenit, tipo pilsen; Mi morena, unha cervexa cun toque máis ben doce e pouco amargo e, por último, a Porter feita a base de malta de cebada e avea e envellecida en carballo o que lle confire un toque a regaliza e a madeira. Fonte: http://www.n10news.com/

Galago Craft Beer

galago

Non se comercializa: Elaborada en Ourense por Glenn Schippers, ten catro variedades:

  • San Martiño, unha cervexa tipo quadrupel feita con castañas e azúcre candi, adicada ao patrón de Ourense e ideal para entrar en calor no magosto.
  • Ouro Amarelo, unha American IPA con lúpulo amarelo.
  • A Guardesa, unha Belgian Pale Ale cunha selección de maltas especiais belgas – típica de Amberes –
  • Antela Branca, de trigo, avea e centeo con especias e lúpulos aromaticos.

Para saberes maís, visita a súa páxina de Facebook (Preme no título).

Gorde’s Beer

gordes

Non se comercializa: Feita en Lalín por Sebastián Taboada, Carlos Taboada, Lois Alfaya e Julio López dende o ano 2009. Hai uns meses fixeron unha pequena colaboración cunha cervexería local. Máis información na súa páxina de Facebook (Preme no título).

Ancora (antes Meiga tola)

ancora

Cervexa feita tamén en Ourense, por “Cervexa artesanal Majoli Malias”. Fai pouco tiveron un stand nas festas do Corpus de Ourense e participan no Artbeerfest de Caminha (Portugal).

Se queredes máis información:

Asociación Galega de Cerveixeiros Artesáns

Brew club Ourense

Asociación Lupulum Vigo

Barro Cervexa Fest

Festival da cervexa das Rías Baixas

Artigo sobre Cerveceros artesanos gallegos


Comments

  1. alberto que pasan de ti jajajaja es coña!!!!!!

Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *