Chili con carne

De orixe difusa, o chili con carne é un prato moi popular no norte de Mexico e nos Estados Unidos. É o prato oficial do estado de Texas e faise moito en competicións/festas gastronómicas onde hai moita xente. Non é de estrañar, xa que é de eses pratos dos que é imposíbel facer pouco, e polo tanto solucionan o xantar de varios días ou as ceas multitudinarias.

Para facer esta versión usei feixóns negros, que eran os que tiña na casa. Para cocelos, deixeinos a remollo a noite antes e ocínos durante unha hora. O chili con carme tamén se fai con feixóns vermellos ou “pintos”, ide con ollo porque os tempos de cocción adoitan variar. Unha opción máis cómoda é mercalos cocidos en lata, pero a textura será máis caldosa.

Ingredientes (para catro ou cinco racións)

500 gr. de carne picada de porco u vitela

400 gr. de feixóns cocidos

300 gr. de tomates pelados en lata

1 cebola grande

1 pemento italiano

1 semente de caiena

4 ou 5 culleres de aceite de oliva

2 dentes de allo

1 culleriña de ourego

1 culleriña de prebe Perrins

1 culleriña de sal

  1. Quecemos o aceite nunha pota grande a lume medio.
  2. Cortamos o allo e as cebola en anacos moi moi pequenos, poñémolo todo a dourar no aceite.
  3. Cortamos o pemento do mesmo xeito, engadimos á pota.
  4. Botamos a carne na pota, remexendo de cando en vez cunha culler de pau, sempre a lume medio.
  5. Engadimos a caiena cortada finiña, o sal, o ourego e o prebe Perrins, remexemos.
  6. Cortamos os tomates de lata e engadímolos á pota. Tapamos e deixamos cocer 15 minutos a lume medio.
  7. Engadimos os feixóns, prbamos o guiso por se hai que corrixir o sal. Deixámolo cocer 15 minutos máis.
  8. Servímolo quente acompañado de nachos (chips de tortilla mexicana) e queixo Cheddar ou Emmental. Tamén queda ben con arroz branco ou cachelos ;).

Que aproveite!

chili_carne_1


Comments

  1. Bolboretas no bandullo
    09/10/2016 - 13:52

    Encántanos a receita e o chili con carne ! Que delicia!
    Bicos!!

Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *