Churrasco ao ron con compota de mazá

Unha desas receitas accidentais: estaba a ler a receita de churrasco do libro de cociña de Álvaro Cunqueiro e dicía que levaba coñac (e un feixe de cousas máis que acabei por non usae na receita final ). Como na casa só tiña ron, probei e quedou moi rico. Podédelo acompañar de patacas tamén, pero a mazá dalle un punto acedo que lle queda moi ben.

Ingredientes (para catro persoas):

1 kilo e cuarto de churrasco (de vaca ou de porco)

3 mazás vermellas grandes

Zume de limón

Unha culler de azucre

50 milimitros de ron

3 culleres de aceite de oliva

Sal e pementa

  1. Prequentamos o formo a 200º
  2. Colocamos o churrasco nunha bandexa, botamos o aceite, a pementa e o sal.
  3. Metémolo no forno, e cando comece a estar torrado (20-30 min), vertemos o ron. Deixamólo media hora maís, ata que estea ben cocido.
  4. Para facer a compota de mazá, pelamos e picamos as mazas en anacos pequenos. Poñémolas a cocer nunha pota con medio vaso de auga, o zume de limón e o azucre. Remexemos de cando en vez ata que estean brandas.
  5. Cortamos o churrasco e servímolo coa compota
churrasco2

Preme para ampliar a imaxe

 

Que aproveite!


Comments

  1. Maumarelaaaaaa! Iso pinta pero q moi moi ben. O lacón asado tamén queda xenial coa compota de mazá. Ńami!

  2. Seguro que si! Tamén probei unha vez porco con ameixas, e estaba ben bo 🙂

    PD: Desculpa a tardanza en aprobaren o teu comentario, teño posto un filtro para que non chegue o spam de bolsos de marca e viagras varias!

Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *