O picante é algo que, quitando os pementos de padrón, non se estila moito en Galicia. Cada vez hai máis variedade nos supermercados e restaurantes, pero moita xente non se atreve a probalos porqu pensa que lle van a sentar mal ao estómago. Se non tendes problemas de dixestión, podedes comer picante tranquilamente, o peor que vos pode pasar é que soltedes unhas bágoas!

Para que vos fagades unha idea, a escala Scoville é unha medida do picor nos pementos (tamén coñecidos como chiles). Comezaría con 100 unidades, que é o que tería, aproximadamente, un pemento común. Os pementos de Padrón andarían entre as 2000 e 300 unidades, e de momento remata a clasificación o “Carolina reaper”, un pemento que ten un picor de ata 2.220.000 unidades.  Os mollos que mencionamos neste artigo ten andan pola altura dos pementos de Padrón.

Un bo xeito de comezar a comer picante é con mollos preparados que venden no supermercado. Así podes ir probando a intensidade, facer unha idea e probar combinacións distintas. Hay moitísimos, pero penso que esta selección é boa para os principiantes:

O’preve – churrasco picante: o mollo de churrasco, pero con pemento picante engadido. Serve para churrascos, carnes á grella ou ao forno, salchichas, bocadillos, tortillas… Feita en Sada, pódese atopar fácilmente en calquer súper galego un pouco grande.
Salsa verde: Este mollo está feito a base de tomates verdes, allo, perixel e chiles verdes. É moi típico botarlla aos tacos e enchiladas, e tamén ás enchiladas e costelas de porco. Con totopos vai moi ben de entrante. Hai moitas marcas, a da foto pódese atopar no Froiz, ou en tendas online.
Tabasco: Aínda que leva o nome dun estado do suer de México, este mollo está feito nos Estados Unidos pola empresa McIlheny. O deseño da botella leva máis de cen anos sen cambiar e é moi doado de atopar nas tendas. Vao moi ben para botarle ás aliñas de polo, ou para “picantizar” otros mollos, coma o de tomate.
Lao Gan Ma: Máis que un mollo, é aceite de chile. a base é aceite de canola con feixóns negros e chiles. Ten un sabor levemente doce e afumado, é moi boa para adobar bocadillos, tortillas, arroces fritidos ou fideos estilo asiático. Atópase en supermercados asiáticos ou en Ebay. O seu nome vén sendo algo asó como “a madriña”, que é a fundadora da empresa que sae tamén na etiqueta.
Sriracha: é un mollo feito a base de chile, vinagre destilado, allo azucre e sal. Chámase coma a cidade tailandesa de Si Racha, onde se comenzou a usar para adobar o marisco local. Hoxe é moi coñecida en todo o mundo e usáse para botar no marisco, pasta ou arroces, e tamén en ovos revoltos ou bocadillos. Véndena na zona de produtos internacionais de Carrefour ou do Corte Ïnglés, e tamén en moitas tendas online.

PD: A imaxe que ilustra o post é a escala Scoville nun mostrador con chiles picantes á venda, en  Houston, Estados Unidos, sacada da Wikipedia