Cinco trucos para facer unha boa tortilla de patacas

O caso da tortilla de patacas é ben curioso: cantas variantes saen con tan só tres ingredientes! Coma en todos os pratos tradicionais, cada un ten os seus trucos e preferencias, hoxe vouvos contar os meus. Coma unha imaxe vale máis que mil palabras, velaiquí tendes a miña opinión:

Así non:

tortilla_de_patacas_non

Para que as tortillas vos queden sequiñas polos lados e tenras por dentro recoméndovos seguir estes trucos:

  1. Cortar as patacas facendo anacos o máis irregulares que poidades. Deste xeito chucharán máis aceite e quedarán máis brandas. No canto de cortalas en rodas finas, clavade un coitelo pequeno e facede forza para arrincar un cacho pequeno da pataca, é o máis doado.
  2. Bater moito o ovo, para que colla aire. Isto fará que teña máis consistencia ao final.
  3. Engadirlle leite ao ovo: unha culler por cada un. É un truco para que quede máis tenra e suave: o leite fai que se fagan “membranas de coágulo” máis brandas e elásticas. Aquí explícano con máis detalle.
  4. Deixar repousar a mestura de pataca e cebola fritida no ovo durante 20 ou 30 minutos. Se queredes que os anacos de patacas se noten menos, aproveitade para esmagalos cun garfo nestre intre.
  5. Esto no ten que ver directamente coa textura pero HAI VIDA ALÉN DAS PATACAS. Que son a base, si, pero pódese experimentar engadindo cenoura relada, chícharos, bacallao desmigado, camaróns… e se só que queredes darlle un leve toque diferente, probade coas especias: dúas das que mellor combinan con este prato son o comiño e a noz moscada.

Preferides a tortilla “ovosa” ou seca? Tendes trucos ou consellos? Deixádeos nos comentarios!

Desta vez as fotos non son miñas: A segunda imaxe é unha montaxe cunha foto de Recetolandia e primeira está tirada dunha reportaxe sobre pinchos de Antena3


Comments

  1. Muchas gracias por vuestra referencia. Buen provecho!!

  2. Boas dicas!
    Que me dis de lle engadir (e logo retirar) uns dentes de allo na fritada?
    E un chisco de cervexa?

Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *