Como pedir o café en Portugal

O café en Portugal é unha cousa moi seria, que bo está! E aínda por riba, barato. Aquí tendes unha pequena guía para pedir café, de almorzo, a media mañá, ou de merenda cunhas natas ou cuns bolos de arroz. Se andades por Portugal, pode ser que vos interese este artigo de recomendacións de cousas do súper. E se estades na casa e vos presta un café, neste artigo tendes uns truquiños para que saia máis rico

Cafés con leite:

  • Galão: un café con moito leite, servido nun vaso alto e cunha culler longa. Pódese pedir “escuro” ou “claro”, dependendo das proporción leite/café que queirades Normalmente pídese para almorzar (no pequeno almoço, como eles lle chaman), despois das 12 do mediodía considerase estraño. Digo isto por si vos miran raro, cada un que pida o que lle pete 😀
  • Garoto: o que nós coñecemos coma “manchado”. Pouco café e moito leite, nunha taza normal.
  • Meia de leite: un café con leite, tamén típico para o almorzo.
  • Pingado: un café cortado.

Cafés sen leite:

  • Abatanado: o equivalente ao café americano, sería un espresso pero con máis auga. A textura é máis aguada e o sabor máis suave, pero leva igual de cafeína.
  • Café de saco: vén sendo o noso café de pota. Prepárase nos sitios máis tradicionais.
  • Café/bica/cimbalino: un café só. En Lisboa chámanlle bica (parece ser que vén do acrónimo “Bebe Isto Com Azucar”, porque era moi forte) e no Porto, cimbalino. Se precisades unha dose de cafeína extra, pedide un “café duplo”.
  • Café italiana: un café máis cortiño e concentrado, o que os italianos chaman ristretto.
  • Carioca: un café moi moi suave, feito con resto do último café que quedou na máquina.

Nalgúns sitios serven o café cun pau de canela, que se usa coma unha culler. Sabedes de máis variantes/trucos para pedir café en Portugal? Deixádeos nos comentarios!

Comments

  1. tenho escoitado moitas veces pedir un pingado direto, o pingado xa sei o que é, o que non sei é o que significa “pingado direto”
    Outra cousa, especialmente para os que gostamos do café cunhas pingas de aguardente en Portugal pidese “um café cum cheirinho”

    • Ola Xose! Graciñas pola aportación, non oíra nunca o de “cum cheirinho” 😀

  2. Pingo(ado) directo é como se fosse um café mas que se substitui a parte final do mesmo com leite. O pingado ou pingo, como dizemos, resulta da ultima tiragem na máquina acrescentando leite.

  3. Ola. Dúas cousas o “garoto” é como lle chaman ó “pingo” no sur de Portugal. Porque xa me pasou de pedir un “pingo” e ó dar a comanda traducen a “garoto”.
    O do “directo” é porque hai xente, que non quere no seu café “as primeiras pingas” que saen da máquina, que para min é o máis rico e forte do café.
    Cando o pides directo é que queres todo, o máis forte e o resto.
    Xa escoitei o o de: que me poñan a min o meu directo e o dos demais

  4. Teño entendido que no norte a diferencia entre pingo e pingo directo é que o directo faise con carga nova de café e o que non é directo coa anterior xa usada, polo que o directo é mais forte

Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *