Cookies de pexego e noces de Macadamia

Seguimos cos postres e merendas con froita, pero esta vez desecada, que os pexegos xa non están en tempada. O truco desto é non cocelas moito, tanto ten se quedan brandas, ao enfriar endureceran pero quedarálles o centro brandiño e suave. De aí que non as chame galletas, son unha cousa un pouco distinta.

Duran tres ou catro días se as gardades nun pote ben pechado, tamén podedes facer a masa e gardala no conxelador para facer as cookies outro día.

Ingredientes

125 gramos de fariña

100 gramos de manteiga, derretida

100 gramos de pexegos desecados (adoitan vendelos preto das uvas pasas, tamén valen albaricoques)

75 gramos de noces de Macadamia (eu conseguinas no Eroski)

60 gramos de azucre moreno

50 gramos de azucre glass

1 ovo

Unha culler de ron dourado

1/2 culleriña de sal

1/2 culleriña de lévedo químico (tipo Royal)

pexego-noces3

  1. Prequentar o forno a 170º
  2. Colocar papel de forno na bandexa negra (non na do grill, que senón quedan raias).
  3. Nun bol, mesturar a manteiga cos azucre, bater ata que claree un chisco e teña un aspecto homoxeneo.
  4. Engadir o ovo e o ron, seguir batendo.
  5. Nun prato, mesturar a fariña, o lñevedo e o sal. Botar aos poucos no bol mentres batemos.
  6. Cortamos os pexegos secos en anacos moi pequenos e botámolos na masa.
  7. Repartimos a masa en na bandexa (unha culler de masa será dabondo para unha galleta) e decoramos coas noces partidas pola metade.
  8. Cocemos durante 10 ou 15 minutos, na altura media do forno para que non queimen por riba.

pexego-noces2

Que aproveite!

PD: Por se vos gustou, recupero unha receita con froita disecada, pan con tomates e cebola.


Comments

Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *