Cooperativa Campo Capela – Requeixo e moito máis!

A última fin de semana de agosto tiven a oportunidade de asistir á festa do requeixo de A Capela, unha aldea preto das fragas do Eume. Nela repartiron máis de 6000 racións de requeixo da cooperativa local, acompañadas de mel ou azucre: estaba boísimo! Suave e cremoso, as miña tarrina non durou nadiña…

Despois duns días, volvín pasar pola Capela, e din un chamado á fábrica Campo Capela a ver se a podía ir visitar. Dixeron que si a pesaren da pouca antelación e velaiquí está a reportaxe! A súa responsable comercial, Ana Vence, explicou todo o proceso, a gama de productos que elaboran ademáis do requeixo, a vez que sairon nun programa australiano e moitas cousas máis.

As orixes da cooperativa son do ano 1969, comezou coma cooperativa láctea e dende hai nove anos fabrican tamén derivados do leite. O seu produto estrela é o requeixo con leite cru, elaborado sen químicos: o leite chega e pasa aos tanques, onde repousa 24 horas a 22º. Sepárase a nata e lévase o callo do leite a uns sacos de tea, onde explusa o líquido antes de volver mesturarse ca nata para conseguir a textura axeitada. Aquí podedes ver como é o proceso:requeixoDSC05952DSC05972

Unha das cousas que máis me chamou a atención é a cantidade de soro que bota, e os usos que se lle dan. Na cooperativa colaboran con varios cociñeiros que o usan para mariñar carnes e peixes, e tamñen o envían a un obradoiro de licores de San Clodio (Ourense) para elaborar licor de soro de leite, algo que está na miña lista de cousas a probar!

Ademáis de requeixo, fan queixo de tetilla, o único da denominación feito con leite cru. Hai pouco comezaron a exportar, e o seu queixo xa se pode atopar en tendas especializadas de Inglaterra e Alemaña. Estas son as tarrinas do queixo mentres repousaDSC05956Tamén fan queixo “do País”, en pezas de entre 500 gr e 25 quilos! e unha variante con anaquiños de chourizo recuberta de pementón. Velaiquí as imaxes:DSC05958

DSC05959 Aparte de queixo fan tarrinas de nata, manteiga e manteiga cocida (da que se usa para facer as bicas).

DSC05969DSC05968Os requeixo da cooperativa pódese mercar no Gadis, en tendas diversas e nos supermercados das cooperativas coruñesas: Santa María do Val, Meirás, etc. O supermercado de El Corte Inglés distribúe toda a gama de produtos, e ás veces fan demostracións e degustacións. Tamén editaron un libro de erceitas con requeixo, e cada verán organizan un concurso de cociña con pratos doces e salgados.

Ana comentounos que están a piques de renovar e ampliar as instalacións, estou segura de que será todo un éxito. Polo momento xa saíron moitas veces na TV, e é de destacar que o programa australiano Cheese slices, especializado en queixos do mundo, fíxolles unha reportaxe que se emitirá en todo o mundo a través do Discovery Channel. Sairá este outono, estaremos pendentes para poder velo por Internet!DSC05979DSC05982


Comments

Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *