Costela de porco glaseada ao forno

Esta receita é unha adaptación desta do marabilloso blogue Palachinka, onde podedes atopar moitas receitas larpeiras e especialidades balcánicas (en inglés). Leva moito tempo facela pero o resultado paga a pena 200%: a carne queda tenra e aromática, e a combinación co prebe agridoce é soborosísima! Non digades despois que non vos avisei 😉

Ingredientes (para 4 ou 5 racións)

1,5  quilos de costelas de porco

1,25 l. Coca-Cola, ou outra bebida de cola

1 pau de canela

125 gr. azucre moreno

60 gr. (3 culleres) de mel

130 gr. ketchup

2 culleres de mostaza

2 culleres de mollo Worcester

60 ml. de mollo de soia

    1. Prequecer o forno a 160º
    2. Cubrir o fondo dunha pota con papel de aluminio e colocar as costelas e o pauciño de canela. Botar un litro de cola e cubrir con máis papel de aluminio. Cocer no forno durante dúas horas, aproximadamente.
    3. Namentres, preparamos o mollo, que é o especial da receita. Mesturamos nunha tixola o azucre, o mel, o ketchup, a mostaza e o mollo Worcester con medio litro de Coca-cola. Cocemos a lume medio, remexendo de cando en vez ata que teña unha consistencia de xarope. Ao rematar hai que untar isto nas costelas cun pincel (de silicona), tende conta de que non quede nen moi líquido nen moi espeso.
    4. Sacamos a pota do forno logo de dúas horas e colocamos as costelas nunha bandexa de asar. Tiramos co líquido sobrante.
    5. Estendemos o mollo sobre as costelas cun pincel de cociña e metémolas no forno. Colocamos a bandexa negra con papel de prata por baixo, para recoller as pingas e que non atufe o forno. Nesta fase só compre calor na parte superior do forno.
    6. Tras 10 minutos, dámoslle a volta ás costelas e pintámolas polo outro lado. Repetimos a operación (dúas pintadas por cada lado).

Que aproveite!

costela_3

costela_5


Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *