Crema de mazá e apio

Esta semana traemos unha deliciosa crema de verduras e froita, moi lixeiriña para ir abrindo boca de verán. Podese tomar morna ou fría e unha vez feita, aguanta tres ou catro días no frigorífico. Ao levar apio, ten un sabor moi intenso por iso puxen un chisco de nata de cociña coma opcional, para rebaixar o sabor no caso de que vos resulte demasiado “apioso”.

Se queredes botar un ollo a máis cremas de verén, podedes visitar este artigo de gaspacho de manga con polo, ou estoutro de crema de cogombros e iogur estilo grego.

Ingredientes (para 4 ou 5 racións)

1 feixe pequeno de apio

2 mazás, a poder ser das vermellas

1 cebola

6 culleres de aceite de oliva

Un belisco de tomiño

Media pastilla de caldo de polo ou de verduras

Sal

Un chisco de nata líquida (opcional)

  1. Pelamos e cortamos a cebola e o apio en anacos pequenos.
  2. Quecemos tres culleres de aceite nunha pota, e botamos a cebola. Cociñamos a lume medio ata que estean un pouco transparentes.
  3. Engadimos as mazás sen rabiño e sen pébedas (non cómpre pelalas, iso vai ao voso gusto), o caldo, o sal e o tomiño. Botamos auga ata que cubra os sólidos e cocemos durante 20-25 minutos.
  4. Deixamos arrefriar un pouco, engadimos o resto de aceite e maila nata e batemos ata obter unha textura homoxenea.
  5. Servimos acompañado dos froitos secos e un pouco de tomiño.

Que aproveite!

crema-maza-apio3


Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *