Despois do éxito da serradura, esta semana seguimos cunha receita sinxela, desta vez salgada. Esta ensalada de inspiración árabe é moi saborosa e faise enseguida. Vale para prato único, guarnición (vai especialmente ben con pratos de vitela) ou para meter con algo máis nun bocata e apañar a cea 🙂
Se queredes ver máis receitas de cenoura, visitade tamén esta de crema de cenouras e batata, ou este marabilloso queique de cenoura e avea
Ingredientes (para dúas racións)
4 ou 5 cenouras grandes
2 dentes de allo
1 culleriña de comiño moído
Unha culleriña de ourego
Media culleriña de pementa negra moída
Un belisco de sal
Vinagre ao gusto para acompañen
- Lavamos, pelamos e cortamos as cenouras en tiras curtas. Se preferides en rodas, tamén vale.
- Botamolas nunha pota, cubrimos con auga e cocemos a lume alto ata que fervan. Deixamolas así 10-15 minutos, ata que estean tenras pero non brandas
- Pelamos e cortamos o allo o máis pequeno que poidamos.
- Noutra pota, quecemos o aceite a lume medio e botamos o allo.
- Escoamos as cenouras e engadímolas ao allo, sen parar de remexer.
- Botamos o sal, a pementa, o comiño e ourego, remexemos ben e cocemos 5 minutos máis, para que colla o sabor.
- Deixamos arrefriar un pouco e servimos cun chisco de vinagre. Pódese tomar morna ou do tempo.