Espeto de porco, albaricoque e touciño entrefebrado

Tiña ganas xa dende hai tempo de probar un espeto de carne, e un día atopei de casualidade esta receita que fixen sen moitos cambios (e tan sinxela, que non dá para máis!). No canto de ameixas usei albaricoques deses pequeniños, pero penso repetila cas ameixas moradas, as miñas favoritas. A mestura de carne e doce non sempre é do gusto de todo o mundo, sempre podedes facer probas con outras froitas (o mango iríalle ben) ou facelas con touciño só, pero así perderían un pouco de gracia…

Moi recomendable para leva preparada a unha barbacoa, ou para facer nunha tixola-grella que teñades por casa. Eu só teño unha tixola normal, e tiven que recortan un chisco as puntas do espeto para que caibesen: ollo con iso, comprobádeo antes de insertar a carne.

Ingredientes (para catro espetos)

250 gr. de paleta de porco en dadiños de 2×2 cm.

5 albaricoques pequenos

8 tiras de touciño entrefebrado

Sal e pementa

Un chisco de aceite – só se usades unha tixola

  1. Botamoslle o sal e a pementa á carne.
  2. Lavamos os alabaricoques e cortámolos pola metade. Quitámoslles o óso.
  3. Cunha tira cada unha (ou media, se e moi larga) envoltamos as metades dos albaricoques.
  4. Metemos un anaco de carne, medio albaricoque e así sucesivamente ata que o espeto quede case cheo, deixando un espacio para collelo cas mans.
  5. Quentamos a tixola (grella, barbacoa, etc.) e cociñamos ata que o porco estea ben feito e o touciño crocante.
  6. Servimos axiña, que frío non vale nada!

Nota: Un truco para que os espetos non rachen é mercalos de bambú. Son máis caros pero tamén máis resistentes. Se non, collede uns “de toda a vida” e deixadeos en remollo vinte minutos antes de usalos, así quedarán máis elásticos.

Que aproveite!espeto5 espeto4 espeto2

 

 


Comments

  1. Co que me gustan a min as brochetiñas, estas próboas seguro! Que boa pinta!

Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *