Experimento: hamburguesa-peto

A foto que ilustra o artigo non é miña. É o punto de partida dunha receita que fixen, non saiu exactamente como eu esperaba pero quedou boísima: Ás veces vemos cousas por aí que queremos imitar na casa, e eu lanceime a improvisar despois de ver a foto no Tumblr e devecer por ela.

Teño que dicir que aínda que non quedou como eu pensaba que ía quedar, a hamburguesa estaba de vicio, un triunfo asegurado se tendes invitados ou queredes sorprender a alguén. Anímovos a probar as vosas versións da hamburguesa-peto, seguro que saen riquísimas!

Ingredientes (para dúas hamburguesas)

400 gr. de carne picada de vacún

100 gr. de queixo rulo de cabra

1 cebola

2 culleres de aceite de oliva

1 ovo

1 culler de pan relado

Sal e pementa

1 culleriña de prebe Worcester (opcional)

2 panciños de hamburguesas e ketchup para acompañaren

 

  1. Quentamos o aceite de oliva e lume medio, cortamos a cebola en rodas e fritímola a lume medio durante 20-25 minutos, ata que estea brandiña e dourada.
  2. Nun bol mesturamos a carne picada, o ovo batido, o pan relado, o prebe Worcester, o sal e a pementa.
  3. Dividimos a mestura en catro, cos dedos moldeamos un cuarto coma una hamburguesa fina, pero cun oco no medio, así:prep1
  4. Botamos a roda de queixo de cabra, a cebola pochada e tapamos co outro cuarto da carne. Xuntamos os bordes cos dedos, para que non saia o recheo.prep2prep3
  5. Na tixola, cocemos a hamburguesa á prancha a lume medio, cando estea feita por un lado (facede un pequeno corte para ver como esta no medio) dámoslle a volta e cociñamola polo outro lado.
  6. Torramos os panciños na tixola para que quenten un chisco pola parte de dentro.
  7. Servimos a hamburguesa nos panciños acompañada de ketchup e cebola (se vos sobrou un pouco coma a min).

hamburguesa_peto3hamburguesa_peto1

Que vos parece? Gústavos máis a foto orixinal ou o experimento? Se atopades outros recheos para o peto, lembrade contalo nos comentarios 😉


Comments

Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *