Farl, pan de pataca

Esta é unha receita típica do norte de Irlanda, aínda que o seu nome vén da palabra escocesa fardel, que quede dicir catro partes. Non é una receita moi apta para o verán, pero como seica este ano non hai, chega o tempo para probar.

Ingredientes (para catro persoas)

4 patacas medianas
100 gramos de fariña + un chisco para botar na tixola
50 gramos de manteiga morna
Un pouco de sal

  1. Pelar e cortar as patacas pola metade. Botar a cocer nunha pota con ben de auga ata que se poidan pinchar comodamente cun garfo. Despois de escorregalas, deixalas un pouco máis ao lume para que queden ben secas, tipo cachelo.
  2. Colocar as patacas nun bol e esmargar cun garfo ata facer unha pasta. Engadir a fariña tamizando cun colador, a manteiga e o sal. Seguir esmagando.
  3. Botar fariña nunha superficie lisa e verter o contido do bol, amasar ata que quede un pouco pegañento. Cunha botella enfariñada, estender a masa formando un círculo de aproximadamente 22 centímetros de diámetro e un centímetro de grosor.
  4. Usando un coitelo enfariñado, dividir en catro partes iguais. Quentar unha tixola e botar un chisco de fariña, repartindoo ben pola superficie. Pasar os cachos de farl cinco minutos por cada lado, ata que estean un pouquiño marrons e algo duriños por fóra. Engadirlles un pouco de sal por riba.

En Irlanda tómanas con touciño, ovos e/ou con black pudding (salchichas de sangue). Eu cominas con xamón serrano e estaban ben boas, tamén podedes probar con queixo brie ou roquefort, e plan lixeiro, cunha ensalada de tomate adobado con aceite de oliva. Non as deixedes enfriar, que entón non valen nada… se tendes que agardar por algo, tapádeas cun pano.

Que aproveite!


Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *