As Galeguesas de Facenda O Agro

Hai unhas semanas pasei por Celanova e tiven a oportunidade de ir visitar a facenda O Agro. Trátase dunha explotación agraria que leva varios anos criando gando nos montes de Santiago de Amoroce dun xeito extensivo: as vacas viven libres pacendo herba e así o monte está coidado e non arde, o que fai desta facenda un proxecto moi especial.

primavera3

O monte na primavera

 

vacas1

O monte en setembro

O responsable da facenda é Roberto Álvarez. Despois de estar varios anos emigrado en Madrid e de facer un curso de elaboración de queixo en Euskadi, decidiu voltar a súa vila para comezar este proxecto agrario. Despois de conseguir o arrendamento dos montes comunais e facer a limpeza e o mantemento, os primeiros becerros chegaron no ano 2007: agora hai en total trescentas vacas, cento cincuenta da raza Salers, orixinaria do centro de Francia, e 150 cachenas raza autóctona, máis adecuada para as costas pronunciadas dos montes da Baixa Limia. Entre o coidado do monte e a carnicería da praza da abastos traballan seis persoas.

vacas3

Además da herba, as vacas son alimentadas con millo, cebada e trigo. Como vos podedes imaxinar, a carne é moi saborosa: as súas hamburguesas galeguesas – feitas con pan raiado e un adobo especial de especias- están a coller cada vez máis fama. Tamén traballan xarrete, solombo, entrecote… Véndese a restaurantes, en feiras, en comercios minoristas e na praza de abastos de Celanova, onde teñen unha sala de despece.

sala2

Además da herba, as vacas son alimentadas con millo, cebada e trigo. Como vos podedes imaxinar, a carne é moi saborosa: as súas hamburguesas galeguesas – feitas con pan raiado e un adobo especial de especias- están a coller cada vez máis fama. Tamén traballan xarrete, solombo, entrecote… Véndese a restaurantes, en feiras, en comercios minoristas e na praza de abastos de Celanova, onde teñen unha sala de despece. As galeguesas pódense atopar en tendas como O gran colmado, en Ourense, e tamén en Compostela, Ribadeo, Lugo e Vigo. Se sabedes de máis sitios, por favor avisade nos comentarios!

primavera4

Un dos obxectivos da facenda é evitar que o monte arda. Se as terras están coidadas e teñen uso productivo é moi difícil que prendan grandes incendios e asolaguen o monte. Dende fai anos, nas terras de Amoroce non houbo lumes de importancia. Os terreos que ocupan as vacas do Agro abranguen 800 hectáreas, e Roberto ten intención de traballar con máis proxectos da comarca, cedendo unha parte do monte a asociación cultural Arraianos, que traballa en terapias con animais para nenos con problemas. Ademáis, nestes terreos construirase un centro veciñal para a aldea de Santiago de Amoroce, que aínda non dispón dun.

O que da de si o monte!

primavera1toxos2

As fotos máis verdes (de primavera) foron cedidas por Facenda O Agro, o resto son mmiñas 🙂

 


Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *