Gaspacho de manga con polo adobado

Xa chega a calor e con ela as sopas frías, entre elas o popular gaspacho. Esta receita é unha adaptación desta do Comidista, que atopei por casualidade e non podo estar máis contenta con ela: a sopa é refrescante e cun punto doce e o polo (ou as gambas da orixinal) adobado fai un contraste de sabor marabilloso. O gaspacho pode gardarse no frigorífico un par de días, así podedes experimentar con diferentes guarnicións.

Se queredes probar máis sopas frías, botádelle un ollo a esta de cogombro e iogur, ou a estoutro gaspacho de amorodos e mazá, un dos pratos que máis éxito tivo o ano pasado 😉 E se o que vso gusta é a manga, probade esta mousse, unha lambonada perfecta!

Ingredientes (para dúas ou tres racións)

400 gr. de tomates ben maduros

Unha manga ben madura

Unha cebola tenra pequena

75 ml. de aceite de oliva virxe extra

2 culleres de vinagre branco

Un (o dous) vasos de auga fría

Sal ao gusto

Para o polo

2 filetes finiños de peituga de polo

2 beliscos de xenxibre en po

3 ou 4 culleradas de aceite picante (ou normal, segundo o gusto)

Sal e pementa negra

 

  1. Lavamos os tomates e cortámolos en anacos pequenos.
  2. Facemos o mesmo coa manga e a cebola tenra, esta última canto máis fina mellor.
  3. Botamos todo na trituradora xunto o resto dos ingredientese triturámolo ata que estea ben mesturado. É mello botar un só vaso de auga ao comezaren, e corrixir a textura polo camiño. Ao final probamos e corrixirmos o sal se fose necesario. Deixamos no frigorífico polo menos unha hora.
  4. Cortamos o polo en tiras de 2 cm de largo e botamoslle o xenxibre, a pementa e o sal. Quecemos o aceite na tixola e fritimos ata que estea ben dourado e un chisco crocante nas puntas.
  5. Servimos o gaspacho no prato e decoramos cun pouco de aceite e cas tiras. Ou poñémolas nun prato aparte, como vos guste.

Que vos aprece a idea? Gústavos a combinación de froita con cousas salgadas?

gaspacho-manga-2 gaspacho-manga-1

 


Comments

Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *