Guiso de berinxelas – Caponata

Hoxe traemos unha receita siciliana que é perfecta para o verán, xa que se pode comer morna ou do tempo, e ten un sabor un chisco agridoce que fai que sexa moi refrescante. É un deses pratos que está moito mellor ao día seguinte, e pódese tomar coma prato único ou coma acompañamento de carne ou peixe. A preparación leva algo de tempo, pero paga totalmente a pena!

Como todas as receitas tradicionais, hai moitísimas versións (algunhas ata levan mel) eu fixen unha adaptación desta e quedei moi contenta co sabor e textura.

Ingredientes (para 4 ou 5 racións)

2 berinxelas grandes ou 3 pequenas

4 talos de apio, sen follas

2 cebolas doces

50 ml de vinagre suave

Unha culler rasa de azucre

250 ml de tomate triturado (unha lata)

30 gr de piñóns

15-20 olivas negras

5 follas de alfábega

Unha culler de alcaparras en conserva

Sal

Aceite de xirasol para fritir

Un pouco de aceite de oliva virxe extra

  • Lavamos e cortamos as berinxelas en anacos de 2×2 cm (aproximadamente).
  • Quecemos o aceite de xirasol nunha tixola grande, secamos os anacos do paso anterior e fritimos ata que estean dourados. Retiramos a unha fonte cun papel absorbente para quitar o exceso de aceite.
  • Cortamos as cebolas e o apio en rodas finas. Quitamos a meirande parte do aceite e fritimos a lume medio durante 10 minutos, ata que estea brando e algo translúcido.
  • Mesturamos o azucre co vinagre e deixamos repousar.
  • Engadimos o tomate triturado, unha culleriña de sal fina e cocemos durante 5 min máis.
  • Engadimos a mestura do vinagre e cocemos ata que estea bastante evaporada.
  • Botamos as olivas, alcaparras e piñóns, cocemos durante 5 minutos. Axustamos o sal se fose necesario e engadimos a alfábega cortada cas mans.
  • Retiramos do lume e deixamos repousar un día no frigorífico
  • Servimos cun pouco de aceite de oliva virxe e algúns piñons para decoraren.

Que aproveite!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *