Hummus de faba e tomate seco

O hummus é un prato que fai moito avío, xa sexa para levar como entrante nunha comida ao aire libre, como cea lixeira ou como unto para os bocadillos. Esta versión ten un sabor e unha textura moir especial, xa que está feita de fabas. É un pouco máis pesado có de garavanzos ou có de lentellas, estades avisados 😉

Coñecedes máis variedades de hummus? Deixade ideas nos comentarios!

Ingredientes (para unhas 6 racións, aproximadamente)

400 gr de fabas blancas cocidas

6 ou 7 metades de tomates secos rehidratados

Zume de medio limón

80 ml de aceite de oliva virgen extra, máis un pouco para decoraren

Un dente de allo ben picado

1/2 culleriña de comiño moído

Pementón doce para a decoración

Un belisco de sal e outro de pementa negra moída.

50 ml de auga morna, para que quede máis lixeiro

  1. Nunha tixola grande botamos unha culler de aceite de oliva.
  2. Fritimos o allo ata que doure e engadimos as fabas, sen líquido, xunto co sal, a pementa e o comiño. Con 3 ou 4 minutos é dabondo.
  3. Retiramos a tixola e deixamos que arrefríe un pouco.
  4. Metemos todos os ingredientes nun recipiente e pasámolos pola batedora, ata que formen unha masa homoxénea. Se vos queda moi espeso, engadide un poco de auga e aceite.
  5. Servimos frío, con aceite de oliva e pementón, acompañado de pan (mellor se é crocante ou tipo pita).

 


Comments

  1. moi útil

Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *