Especial badocas Especial sen forno Menú vexetariano

Macedonia vermella

Xa vai chegando o bo tempo (máis ou menos) e con el a tempada de amorodos. Os que ledes o blogue habitualmente xa sabedes que me gustan moito, xa fixen batidos, queiques e gazpachos con eles.

Esta receita fai moito avío para almorzar ou merendar… tamén coma sobremesa, pero entón gardade espazo durante o xantar! Se non tendes noz moída, podedes empregar améndoas (moídas ou en láminas), abelás ou pistachos, seguro que queda moi ben. Coma toda a froita, sabe mellor a temperatura ambiente: se sacades as cousas da neveira, deixade pasar unha hora polo menos.

Ingredientes (para dúas racións)

10-12 amorodos grandeiros

1 caixiña de framboesas

2 culleres de noz moída.

Mel ao gusto

Un feixe de piñóns

  1. Lavamos e cortamos os amorodos en dadiños , retirando a parte verde.
  2. Repartímolos en dúas cuncas, canda as framboesas e a noz.
  3. Remexemos un pouco cunha culler e botamos o mel por riba.
  4. Decoramos cos piñóns e servimos.

Que aproveite!

macedonia-1

2 Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *