Madalenas de abelás, viño e cacau

A lista de ingredientes destas madalenas é un pouco longa, pero son ben sinxelas de facer! E teñen un sabor marabilloso, a combinación do torrado das abelás, o viño tinto e o cacau en po… dan para un almorzo ou merenda ben goretonsos.

O cacau en po ten que ser desgraxado, non vale o de almorzar tipo Cola cao ou Nesquik. A marca que máis adoita haber nos supermercados é Valor, que está bastante ben. Tamén podedes mercalo en tendas a granel .

Se queredes máis ideas para madalenas, pasádevos por esta receita de madalenas con nata e noces, éstas de castaña e vainilla ou por esta de madalenas de plátano e avea.

Ingredientes (para 12 madalenas, aprox.)

150 gr de fariña de trigo

125 gr de manteiga, tépeda

80 gr. de abelás torradas e moídas

3 ovos grandes

2 culleres de cacau en po desgraxado

50 ml de viño tinto

1 culler de coñac, ron, brandy… (opcional)

2 culleriñas de Maizena

1 culleriña de fermento en po

1/2 culleriña de canela en po

1 belisco de sal

Azucre glas, para decoraren

  1. Prequecemos o forno a 170º
  2. Nun bol, batemos a manteiga e os ovos cunha batedora de variñas, ata que claree.
  3. Botamos os ingredientes líquidos, e seguimos batendo.
  4. Botamos os ingredientes sólidos, un de cada vez, mentres seguimos batendo.
  5. Colocamos os moldes de madalena nunha bandexa, eu usei uns de papel metidos nuns de silicona, pero tamén podedes usar os de metal.
  6. Cocemos durante 10-15 minutos, tendo conta do forno, que estas masas sin un pouco delicadas. Cando lle metades unha agulla de calceltar e saia seca, xa están listas.
  7. Deixamos arrefríar nunha bandexa con rexas, para que lles dea o aire tamén por abaixo.
  8. Decoramos co azucre glas e gardamos nun tupperware, estarán mellor ao día seguinte. Se estan ben tapadas, aguantan 3 días!

 

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *