Mollo de coandro – Mojo cilantro

O mollo de coandro é unha receita moi típica das Canarias, non tan coñecida coma o mojo picón pero igual de boa.  Tamén se coñece coma mojo verde, e unha vez feito conservase varios meses no frigorífico sen problemas.

Alí tómano coas patacas cocidas, pero tamén serve para darlle un toque especial a un bocadillo, burrito ou taco ou para comer con polo ou carnes suaves. Coma todas as receitas tradicionais, hai mil versións: a miña non é picante pero si saiu bastante concentrada. O truco é ir engadindo os ingredientes pouco a pouco e ir probando para axustar o sabor.

O coandro ha de ser fresco, podédelo atopar en grandes superfícies na neveira da sección de hortalizas, e ás veces tamén en tendas de produtos sudamericanos. Se queredes saber máis sobre especias, frecas ou secas, botádelle un ollo á listaxe de especias I e II

Ingredientes (para un bote de 350 ml, aproximadamente):

Un feixe de coandro fresco

Dous dentes de allo

200 ml de aceite de oliva virxe extra

Unha culleriña chea de sal

Un chorro de vinagre de viño branco, ou de viño branco seco

  1. Nun morteiro machacamos o allo, picado, co sal.. Botamos a mestura no vaso da batedora.
  2. Imos pelando o coando: só imos usar as follas. Metémolas todas , xunto co resto dos ingredientes no vaso.
  3. Batemos ata que as follas estean disoltas e sexa unha pasta líquida e homoxénea.
  4. Gardamos nun frasco de cristal ou nun tupper.

Que aproveite!

mollo-coandro_3


Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *