Mousse de manga

Voltamos cunha crema fría das que tanto me gustan! Os que seguides o blogue dende os comezos lembraredes a panna cota… esta é unha variante con mango e aínda máis sinxela de facer. Para que saia ben boa o mango ha de estar ben maduro, hai un xeito de cortalo e pelalo moi rápido, podeédelo ver nesta ligazón.

Para decorar os vasiños podedes usar raspiñas de chocolate negro, como fixen eu, pero tamén de chocolate branco, améndoas picadas ou canela. Ao gusto de cada si!

Ingredientes (para 6 vasiños)

400 ml. de nata para bater

1 manga grande

2 culleres de azucre

4 láminas de xelatina

Chocolate negro relado, para decoraren

  1. Botamos a nata nunha tixola grande e quecemola a lume medio co azucre.
  2. Pasamos a manga cortada e pelada pola batedora, ata facer unha polpa.
  3. Engadímoslle as láminas de xelatina á nata e remexemos ben. Retiramos do lume e engadimos a polpa de manga, tendo conta de que se mesture dun xeito homoxeneo.
  4. Repartímola nos vasiños e metémola no frigorífico polo menos seis horas. É mellor tapar os vasiños con film transparente para que non collar olores.
  5. Sacamos os vasiños e decorámolos antes de servir.

Que aproveite!

mousse_mango1 mousse_mango3


Comments

Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *