Torta glaseada de melón

Unha variación do típico queique de limón para despedir de vez o bo tempo. Este pastel saiu, como moitos outros, tentando aproveitar sobras. Tamén imitando eses queiques que eu sempre penso que son xaponeses, pero que seica son típicos en México. Este ten un parecido moi remoto, xa que eu non teño eses ingredientes na […]

Sopa de cabaza con ameixas refogadas

Unha sopa de outono para aproveitar as ameixas frescas. Seguro que xa fixestes sopa de cabaza algunha vez, nesta receita tentei darlle un toque diferente engadindo as ameixas refogadas, unha idea que saquei desta receita de El comidista. Ingredientes (para 4-5 persoas) 1 quilo de cabaza 1/2 cebola 1 pataca grande 75 gramos de manteiga […]

As Galeguesas de Facenda O Agro

Hai unhas semanas pasei por Celanova e tiven a oportunidade de ir visitar a facenda O Agro. Trátase dunha explotación agraria que leva varios anos criando gando nos montes de Santiago de Amoroce dun xeito extensivo: as vacas viven libres pacendo herba e así o monte está coidado e non arde, o que fai desta […]

Bacallau dourado (ou á portuguesa)

O bacallau dourado é un prato típico de Portugal que a miña nai facía as fins de semana na aldea da Baixa Limia. Non somos portugueses, pero por poucos kilómetros 😉 Pode ser que a receita non sexa súper ortodoxa, pero asegúrovos que está boísimo: paga a pena levar o traballo de desalar o bacallao […]