Palmeiriñas

Palmeiriñas

Algúns diredes: Para que vou facer palmeiras na casa se xa as venden na pastelería? Pois porque están moito máis boas, quedan lixeiras e crocantes. E como arrecende a cociña despois… Mhhhhh

Esta é unha das receitas máis doadas que se publicaron no blog, en serio volo digo: non hai escusas para non probala! Só vale se non tendes forno, nese caso recoméndovos este artigo 😀

Ingredientes (para 15-18 palmeiriñas):

1 paquete de follado

3 culleres de marmelada de albaricoque

3 culleres de azucre de caña

Un feixe de améndoas laminadas (ao gusto de cada un)

2 culleres de leite enteiro

Utensilios:

Papel de forno

  1. Prequentamos o forno a 180º
  2. Sacamos o follado da neveira e deixamolo 5 minutos fóra.
  3. Estendémolo (se ten forma redonda, estiramos un chisco as beiras cunha botella chea, para que quede máis cadrado).
  4. Estendemos a marmelada uniformemente, sen que chege as beiras. Esparexemos o azucre e as améndoas.palmeiras_prep1
  5. Comezamos a enroscar por un lado. Paramos ao chegar ao centro. Enroscamos o outro lado ata que queden os dous “rulos” pegados. palmeiras_prep2
  6. Dámoslle a volta e pintamos co leite (para que douren mellor no forno).
  7. Cun coitelo facemos anacos dun centímetro de grosor, aproximadamente, Colocamolos na bandexa co papel facendo forma de “V”. Podemos engadir máis azucre e améndoas neste paso.palmeiras_prep3
  8. Cocemos durante 10 minutos ou ata que estean ben dourados. Deixamos arrefriar e entón separámolas do papel.

Que aproveite!

palmeiras2


Comments

  1. laura López pérez
    19/02/2014 - 21:49

    Riquísimo todo lo que proponen ,inmejorable!!! felicitaciones a todos/as

  2. Bolboretas no bandullo
    19/02/2014 - 22:34

    Mmmm… que pintaza!!!

  3. Ñam! Probáchelas salgadas?
    A receita pola que as descubrín leva queixo de cabra, tomates secos e aceitunas (http://www.spoonforkbacon.com/2013/04/sun-dried-tomato-olive-goat-cheese-palmiers/), pero ollo, que con béicon crocante tampouco está mala a cousa!
    Parabéns polo teu blog! É un vicio 🙂

    • Ola Sabela! Nunca as probei salgadas, pero oira que con queixo cheddar polo medio quedan ben. O do bacon tampouco é mala idea! Dentro de dúas semanas publicarei unha receita de scones con mostaza e queixo, ao mellor interésache 😉
      PD: O spoonforkbacon si que é un vicio!

Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *