A panna cotta, ou nata cocida, é un postre italiano orixinario da rexión do Piamonte. Asemella un flan, pero non leva ovos, e a pesares de estar feito de nata é un postre moi lixeiro. Eu fíxeno con amorodos porque me gusta o toque un pouco acedo que lle dan, aínda agora que a tempada está a rematar podedes probar a botarlle framboesa ou cereixas. E se sodes moi larpeiros, chocolate derretido o doce de leite…
Ingredientes (da para 5 ou 6 vasiños):
500 ml. de nata para montar (35%MG)
100ml. de leite gordo
1 rama de vainilla (se non tendes, pódese usar tamén unha culleriña de extracto de vainilla)
4 láminas de xelatina
4 tiras de casca de laranxa ou limón
5 culleres de azucre
Para a salsa:
200 gr. de amorodos
1 culler de azucre
Un chisco de zume de laranxa (ó gusto)
1. Nunha tixola botamos a metade da nata, o leite, 2 culleres de azucre a vainilla e as cascas. Quentámolo a modiño durante 15 minutos, vixiando para que non chegue a ferver.
2. Metemos a xelatina nun prato con auga para que abrande. Despois de cinco min¡utos de reposo, botámola na tixola e remexemos ata que derreta. Retiramos a tixola du lume.
3. Nun bol botamos o resto da nata e o azucre (3 culleres) e batémola ata que quede montada. Un truco para ir acabar antes e enfriar a nata no frigorífico, ou botarlle un cubiño de xeo mentres se bate, e quitalo ó final.
4. Con moito coidado, vertemos a mestura da tixola no bol, batendo cunhas variñas (ou dous garfos) de abaixo arriba para que non baixe a nata. Cando estea uniforme, repartímolo en vasiños pequenos, deixamos enfriar e metémolo no frigorífico tapados con papel de prata ou film.
5. Picamos os amorodos en anacos pequenos, botamos o azucre e o zume por riba e deixamos reposar no frigorífico.
6. Aínda que con agardar 2 ou 3 horas é suficiente, é recomendable deixar todo reposar toda a noite.
7. Pasamos os amorodos pola batidora, ata quedar una salsa uniforme.
8. Baleiramos os vasiños nun prato. Se á panna cotta cóstalle sair, podemos meter a base dos vasiños nunha pota con auga quente: entre 30 segundos e un minuto, para que non derreta.
9. Botámos a salsa de amorodos ó gusto de cada un.
A desfrutar!
/em
3 comentarios en “Panna cotta con salsa de amorodos”