Pasta con cabaciñas

Unha receita moi sinxela para as ceas de verán! E nada máis que engadir 😉

Ingredientes (para dúas racións)

160 gr. de pasta

Dúas cabaciñas pequenas, en rodas cortadas á metade

3 cebolas tenras pequenas

Un feixe (30 gr.) de perixel

60 ml. de viño branco seco

Catro culleres de aceite de oliva, máis un chisco para o final

Queixo parmesán ao gusto

Sal e pementa

  1. Cocemos a pasta seguindo as instruccións do paquete, pero tendo conta de que quede un pouco dura: con 2 ou 3 minutos menos de cocción abondará.
  2. Mentres, cortamos as cebolas en rodas moi finas.
  3. Quecemos o aceite nunha tixola grande cunha tapa e botamos as cebolas a cocer a lume alto durante 1 minuto, tapado.
  4. Remexemos as cebolas cunha culler de pau, e engadimos as cabaciñas. Deixamos cocer 5 minutos, remexendo de cando en vez.
  5. Engadimos o viño e a metade do perixel, baixamos o lume e deixamos cocer 5 minutos máis. Ha de quedar moi tenro e un pouco translúcido. Engadimos sal e pementa e deixamos repousar.
  6. Escoamos a pasta reservando un vasiño da auga da cocción.
  7. Volvemos poñer a pota da pasta no lume e engadimos todo: a pasta escoada, un chisco da auga de cocción, un chisco de aceite de oliva, a mestura da tixola, o perixel e o queixo relado. Remexemos, se queda algo seca  ou non liga ben, engadimos un pouco máis de auga.
  8. Servimos quente, a desfrutar!

pasta_cabacinhas_3

pasta_cabacinhas_1


Comments

Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *