Pasta con espinacas e mascarpone

Unha receita sinxela adicada a todos aqueles que están fartos de comer a pasta con tomate/boloñesa/atún… Ademáis, é bastante lixeira e apta para vexetarianos. É unha versión simplificada desta.

Normalmente escribo un pouco de historia sobre o prato, pero como non sei se isto é típico (dame que non) non ten complicación ninguna e as fotos falan por si soas, desta vez a introducción quedou ben breve 😀

Ingredientes (para 2 racións)

200 gr de pasta

200 gr de espinacas frescas

150 gr de queixo mascarpone

4 culleres de aceite de oliva

Queixo parmesano ao gusto

Noz moscada

Sal e pementa

  1. Cocemos a pasta segundo as instruccións do fabricante. Escoamos, pero gardamos un vaso da auga coa que cocemos.
  2. Nunha tixola grande poñemos o aceite a quecer. Engadimos as espinacas, sal e pementa. Tapamos e cocemos durante 5 minutos. Cando estean oscuras, botamos o mascarpone e medio vaso da auga da pasta e remexemos para que se mesture cas espinacas. Ten que quedar cremoso pero non liquido.pasta2 pasta1
  3. Mesturamos a pasta e as espinacas na pota. Se queda seco (é dificil de remexer ca culler de pau) engadimos o outro medio vaso de auga da pasta.
  4. Servimos nun prato fondo co queixo parmesán por riba.

Gústavos a pasta con verduras? E con peixe? Ou sodes máis da clásico boloñesa?

pasta4


Comments

Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *