Pasteliños de noces e dátiles

Volvemos cos doces, pero desta vez a inspiración vén de Grecia e Turquía, nunha especie de baklava “feito na casa”. En realidade o baklava leva bastante máis traballo e sae un chisco distinto a esta receita, pero penso que ben vale como introducción ao mundo de doces con froitos secos.

Como saen uns doces bastante contudentes, recoméndovos tomalos ao almorzo ou á merenda cun té, xa que de sobremesa poden ser demasiado 😀

Ingredientes (para 6- 8 unidades)

1 paquete de masa fresca de follado

50 gr. de azucre

50 gr. de noces moídas

50 gr. de dátiles sen óso ou de uvas pasas

50 gr. de pan relado

50 ml. de ron dourado

1 culleriña rasa de canela en po

A pel relada de medio limón

Azucre glass para decorar

  1. Deixar os dátiles ou as pasas en remollo durante media hora. Escorrer.
  2. Prequentar o forno a 150º, só pola parte superior.
  3. Nun bol, triturar tódolos ingredientes ata que quede unha masa suave e un chisco pegañenta.prep1
  4. Cortar a masa en rectángulos de 12 x 5 centímetros, aproximadamente. Colocar unha porción do recheo ao longo deixando un centímetro por cada lado, enroscar, formar un aro e apretar a masa para que peche ben.
  5. Colocar na bandexa do forno (usando o papel que trae a masa do follado) e cocer durante 20-25 minutos, ou ate que douren por riba.
  6. Esparexer o azucre galss por riba e deixar enfriar.

Bo proveito!

pseudo-baklava4


Comments

Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *