Patacas Hasselback con queixo do país e touciño

Estas patacas asadas teñen a súa orixe nun restaurante de Estocolmo, o Hasselback, a redor do ano 1700. De Suecia saltaron a todo o mundo e hoxe en día é unha receita moi popular. As patacas quedan cunha textura similar ao fritilas, pero no forno, e a cantidade de ingredientes que aditen é amplísima, porque as patacas, coma o negro, van con todo.

Podedes meterlles difrenetes queixos, sobrasada e mel, ou siplemente aceite e follas de loureiro, han quedar riquísimas!

Ingredientes (para 4 entrantes, ou dos pratos)

4 patacas ben grandes

100 gr de queixo do país

60 gr. de touciño entrefebrado

Aceite ao gusto

Sal e pementa

  1. Prequecemos o forno a 200º, con calor arriba e abaixo.
  2. Lavamos as patacas e facémoslles fendas cada 0,3-0,5 cm. Para non chegar ao fondo, podedes apoialas no mesado e colocarle dous pauciños (dos de restaurante chinés) ao lados para que fagan de tope.
  3. Botamos un pouco de aceite de oliva entre as fendas e colocamos anaquiños de touciño no medio.
  4. Cocemos no forno durante 45 minutos.
  5. Colocamos o queixo nas fendas, quecemos 10-15 minutos máis con calor só por riba.
  6. Servimos quentiñas 😛

Que aproveite!

patacas_hasselback


Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *