Polo asado á laranxa

Unha variante do clásico polo con limón, esta receita é súper doada de facer, un triunfo asegurado! Eu fíxena con contracoxas, porque son unha das partes con máis graxa do polo, van xenial para asar e sacar mollo 😉

Se vos gustan as receitas con carne de polo, podedes probar esta con soia, estes filetes ao mel, ou este guiso con olivas negras.

Se pola contra sodes máis de laranxa, recoméndovos esta torta con laranxa picada, ou unha sopa fría con laranxa e kiwi.

Ingredientes (para 4 racións):

4 contracoxas de polo

1 laranxa

Media cebola

6 culleres de aceite de oliva

Sal e tomiño

  1. Prequentamos o forno a 170º
  2. Pelamos e cortamos a cebola en rodas finas.
  3. Botamos tres culleres de aceite nunha fonte grande, de despois colocamos a cebola facendo unha capa uniforme, botamos un pouco de sal e tomiño por riba.
  4. Cortamos catro rodas da laranxa, aproximadamente dun centímetro de grosor. Co anaco que sobre facemos zume e botámolo na fonte.
  5. Repartimos as contracoxas na fonte, botamos un chisco máis de sal e tomiño e colocámoslle as rodas de laranxa por riba. Rematamos botando o aceite restante. (A graxa da carne ha de axudar tamén a facer o mollo).
  6. Cocemos no forno 30 ou 40 minutos, a altura media, ata que a pel do polo estea ben dourada. Servimos con patacas -cocidas ou fritidas- ou cun arroz branco.

Que aproveite!

polo-laranxa-3 polo-laranxa-2


Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *