Queique de plátano

Estamos de volta cas larpeiradas, desta vez temos un queique de orixe norteamericana: o banana bread, ou queique de plátano. Xa fixéramos un semellante o ano pasado, pero desta vez a receita e máis clásica, e tamén máis lixeira. É unha receita que gusta moito aos cativos, e tamén vai moi ben para aproveitar ese plátanos ennegrecidos!

Podedes comer rebandas do queique, ou tostalo e engadirlle manteiga por riba. Tamén uvas pasas, un chisco de ron, anaquiños de chocolate…ao gusto de cada un!

Ingredientes:

280 gramos de fariña de trigo

200 gr de azucre

110 gr de manteiga

4 plátanos pequenos, maduros

2 ovos

80 ml. de leite enteiro

1 culleriña e media de zume de limón

1 culleriña de bicarbonato sódico

1 culleriña de aroma de vainilla

Un belisco de sal

  1. Prequentamos o forno a 180º
  2. Nun bol botamos a manteiga. Quecemola no microondas ata que abrande pero non derreta. Engadimos o azucre e batemos ca batedora ata que sexa unha crema uniforme,
  3. Pelamos os plátanos e esmagámolos cun garfo.
  4. Nun vaso, mesturamos o zume de limón e o leite, deixamos repousar.
  5. No bol do paso 1 botamos os ovos, os plátanos, a vainilla e a mestura do paso 3. Batemos ben ca batidora.
  6. Nun prato fondo mesturamos a fariña co bicarbonato e mailo sal.
  7. Engadimos aos poucos á masa.
  8. Enchemos o molde, engraxándoo se fai fala. Eu usei o de silicona, así que acortei este paso 😉
  9. Cocemos no forno durante 50 minutos, aproximadamente, ata que estea enchido e ben dourado por riba.

Que aproveite!

queique_platano1queique_platano2


Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *