Quiche de brócoli, lacón e cebola seca

É a segunda vez que publico unha quiche, pero esta saiu tan boa que hei poñer máis proximamente 🙂 Esta quiche combina o brócoli co lacón (o de fiambre, no o do cocido) e a cebola seca precociñada, un dous meus últimos descobrimentos, que xa empreguei para facer unha lasaña rápida de grelos.
Se o que vos gusta é o brócoli, podeedes probar esta pizza, e se queredes máis ideas para facer con lacón, botádelle un ollo a este psicodeliciosos arancinis con lacón e queixo.
Un consello: a quiche sairá do forno con moita humidade, porén estará moi fráxil. Deixádea enfriar polo menos 30 minutos antes de cortala, senón ha romper e esparexer polos lados. Pódese comer quente ou fría.
Ingredientes (para 4-6 racións)
Un paquete de “masa brisa”
Un brócoli pequeno (ou medio grande)
150 gr. de lacón cortado
2 ovos
200 ml. de nata de 35% MG
100 ml. de leite gordo (enteiro)
Unha présa de cebola seca
Media culleriña de sal e un chisco de noz moscada
- Cortamos as pólas do brócoli e cocémolas en auga fervendo durante 3 ou 4 minutos. Quitámoslle a auga e deixamos arrefriar.
- Prequecemos o forno a 180º.
- Colocamos papel de forno molde redondo e desmontable. Colocamos a masa brisa no centro e pegamos as beiras cos dedos nas paredes do molde. Pinchamos varias veces cun garfo o centro da masa, para que non soba.
- Cortamos o lacón e o brócoli en anacos pequenos. Mesturamos e despois esparexémolos pola masa brisa, tendo conta de que non queden ocos grandes.
- Nun bol mesturamos a nata, o leite, os ovos, o sal e máis a noz moscada, batemos a man un par de minutos. Vertemos a mestura na masa brisa, ten que de tapar un chisco a coliflor e mailo brócoli.
- Botamos a cebola seca por riba e cocemos no forno durante 30 minutos, ou ata que as beiras estean ben douradas.
Que aproveite!