O risotto é, igual ca panna cotta, un prato típico do norte de Italia. Esta receita de arroz ten unhas condicións específicas: o grán ten que botar amidón para que quede cremoso, e ao mesmo tempo ten que absorber a humidade para que quede no punto xusto e non acabe como unha sopa de arroz. Nos supermercados pódese atopar variedades de arroces que cumprar con eses requisitos, as máis comúns son arborio e arroz bomba. Tamén se pode cambiar o queixo parmesano polo grana padano, que é máis barato pero ten un sabor similar para o que queremos acadar.
Este artigo foi publicado orixinalmenteo 22 de xuño de 2013, esta é unha versión corrixida e con novas fotos.
Ingredientes (para 4 racións):
350 gr. de arroz de gran redondo
1 culler de perixel – fresco ou seco
2 culleres de aceite de oliva
1 cebola pequena
100 gr. de manteiga
250 ml. de viño branco
200gr. de queixo parmesano – raiado ou en anacos moi pequenos
1 – 1,2 litros de caldo de verduras ou de polo
- Botar o aceite e a cebola nunha tixola grande, quentalo a lume medio durante cinco minutos, ata que a cebola estea branda e un pouco translúcida. Engadir o arroz e unha culler de manteiga, torrando o arroz 3 ou 4 minutos. Verter o viño e remexer pouco a pouco ata que o arroz absorba o líquido.
- Quentar o caldo nunha pota aparte ou no microondas, e botalo ós poucos na tixola. O mellor é usar un cullerón, enchelo e verter o contido, remexer ata que o arroz absorba o caldo e repetir o proceso ata rematar o líquido. Dependendo da cantidade que utilicedes, debería levar entre 12 e 15 minutos.
- Retirar do lume, engadir o resto da manteiga e o queixo, remexendo ben ata que derreta e estea uniforme.
- Servir nun prato decorándoo co perixel.
Que aproveite!
¡Qué famiña! Non son horas de andar a mirar receitas cando faltan horas para chegares a casa :S
Pronto aparecerán post de bebidas tamén, non todo serán receitas 🙂
No conocía tu blog. Un título muy sugerente e interesantes contenidos. Me quedo por aquí… Un besote!!!
¡Bienvenida! Pronto estaré añadiendo más contenido, estamos en contacto 🙂