Rosbif, vitela asada

Ola de novo! Espero que teñades un bo comezo de ano, do meu non teño queixa, xa o veredes na vindeira entrada do blogue 🙂 Esta receita fíxena por primeira vez hai un ano, e quedou tan ben que xa a levo repetido unhas cantas veces. Ao principio pode parecer difícil (pero non o é),e unha vez feita, pódense facer bocadillos ou conxelar rodas de tenreira para comer máis adiante. Hai que reservar unhas horas para o facer, despois todo son vantaxes.

Cómpre dicir que a carne ten que ser boa, ide a unha carnicería de confianza e pedide unha peza para asar, que teña unha capa de graxa por fóra. Recoméndovos que non pese máis de quilo e medio, se é máis leva moito tempo e se é menos pode quedar seco. O que fixen eu estaba moi feito porque aos convidados gustáballe así, pero podedes rebaixar o tempo de forno para que quede ao punto.

Ingredientes (para 10 racións, aproximadamente)

Unha peza de quilo e medio de vitela

50 ml de aceite de oliva

50 ml de viño de Xerez (ou cognac ou brandi)

Unha culleriña de sal fino

Unha culleriña de tomiño ou romeu seco

  1. A peza de carne ten que estar do tempo.
  2. Nunca bolsa de plástico grande (mellor se é das de conxelar) metemos os ingredientes agás a carne. Remexemos, introducimos a carne e apretamos a bolsa, pechándoa cunha pinza.
  3. Deixamos repousar entre media hora e unha hora, dándolle unha volta á bolsa para que o adobo se reparta ben.
  4. Prequecemos o forno a 150º, arriba e abaixo.
  5. Colocamos a carne e o mollo nunha fonte grande, poñémola a asar na altura media do forno.
  6. Deixamos cocer entre duas horas e das horas e media. O ideal sería ter un termómetro pero se quereres ver como vai, poderes facer unha fenda na parte mais grosa da carne e observar a cor. Lembrade que se queda pouco cocida, sempre se pode cocer máis depois, ao revés non.
  7. Deixamos repousar nunca táboa de madeira durante 20 ou 30 minutos, para que se estabilice o líquido dentro da peza.
  8. Servimos en rodas, acompañado de puré de patacas ou cacheos e verduras cocidas.

PD: Se queda moito mollo na fonte e non o queredes comer, aproveitade para conxelalo porque é o mellor avecrem que hai!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *