Serradura

Voltamos do verán con moito choio e proxetos dos que pronto vos poderei falar! De momento, para ir facendo boca, traemos a receita dunha sobremesa típica de Portugal Penso que no norte non se leva tanto e eu non a coñecía ata hai pouco, pero foi todo un descobrimento porque a relación esforzo/resultado é excelente! Con 4 ingredientes e media hora (como moito!) tendes unha sobremesa ou merenda ben gorentosa.

Ingredientes (para 4 porcións)

24 galletas María, ou semellantes

200 ml de nata para bater

150 ml de leite condensado

Un feixe de noces peladas e picadas (opcional)

Un belisco de sal

  1. Picamos as galletas María cas noces nunha trituradora, ata que queden anacos moi pequenos. 
  2. Nun bol grande comezamos a bater a nata co accesorio de variñas da batedora. Cando estea medio montada, engadimos o leite condensado e o sal. Seguimos batendo, ata que non medre máis.
  3. Nuns vasiños colocamos unha capa de galleta, unha de nata, repetimos e rematamos cunha de galleta.
  4. Tapamos con film transparente e gardamos na neveira dúas horas. É mellor comelas no mesmo día.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *