Sopa fría de cogombro con iogur e ourego

Sopa fría de cogombro con iogur e ourego

Xa estamos en xullo e é tempo de sopas frías. Desta vez probamos un prato cunha leve inspiracion grega, a verdade é que non sei se é algo que se come alí normalmente ou non… pero está moi boa e refresca moitísimo. Coma outras sopas, está mellor se a deixades repusar dun día para outro.

Eu fíxena bastante espesa, pero se queredes que quede máis fina, engadide máis auga e xa está 😉

Ingredientes (para 2 ou 3 racións)

3 cogombros

1 iogur grego

5 culleres de aceite de oliva virxe extra, máis un chisco para a decoración

1 culleriña de ourego

Sal (botar pouco e logo ir corrixindo)

  1. Quitámoslle a codia aos cogombros e partímolos en rodas dun centímetro, aproximadamente.
  2. Na trituradora ou no bol da batedora ponemos os cogombros e o resto dos ingredientes. Trituramos ata facer unha pasta homoxénea. Deixamos repousar na neveira durante dúas horas.
  3. Servimos nun prato decorando cunhas pingas de aceite, como acompañamento podemos empregar pavo (coma na foto), salmón afumado, picatostes ou xamón!

Que aproveite!

Sopa fría de cogombro con iogur e ourego


Comments

  1. Si que é moi consumido alá. Cando visitei Atenas tomábamolo todos os días para almorzar (con eneldo no canto de ourego) e está boísimo.
    Acabo de atoparvos e creo que xa tedes unha seguidora máis, noraboa pola páxina!

    • Ola Eva! Alédome de que che guste a páxina, moitas grazas polo teu comentario! A sopa foi un éxito na miña casa este verán, e faise ben rápido 😀

Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *