Especial badocas Especial sen forno Menú vexetariano Sopas, cremas e mollos

Sopa fría de melón e laranxa con kiwi

Receita ultra-rápida e ultra-doada para apañar nos días de calor.

Ingredientes:

500 gr. de melón – previamente enfriado

Zume de laranxa – A cantidade dependerá de como cortedes o melón

Un kiwi maduro

Medio vaso de sidra ou de cava.

 

  1. Cortar o melón en dadiños, botalo nun bol.
  2. Verter zume de laranxa ata que estea a piques de cubrir o melón. Engadir a sidra ou cava.
  3. Pasar pola batidora ata que estea homoxeneo.
  4. Cortar o kiwi en láminas finas.
  5. Servir a sopa nos pratos e decorala co kiwi.

Penso que esta é a receita máis agradecida (tempo+esforzo) das que escribín ata agora. Que aproveite!

1 Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *