Spaghetti á amatriciana

Coma moitas receitas tradicionais, esta pasta ten moitísimas variantes, e sempre hai o risco de ofender a algún italiano con elas 😀 A orixinal vén da rexión de Amatrici, preto de Roma, e tén ata festa popular.

A receita orixinal leva guanciale, que é a fazula curada do porco. Tamén se usa para facer a receita orixinal da carbonara (non esas con nata que poñen en moitos restaurantes). Pódese atopar en tendas gourmet ou online, pero por temas de comodidade cambiena por touciño entrefebrado curado. Outro dos ingredientes orixinais é o queixo pecorino, que se pode cambiar por un parmesán, un manchego ben curado ou un coma O rexo, que ademáis ten unha producción sustentable. O caso é que teña un sabor intenso e un pouco salgado.

Por último, quería engadir un crédito, xa que a receita está sacada do marabilloso blogue La ragazza col matarello, onde podedes atopar ducias de receitas itailianas en español.

Ingredientes (para 4 racións)

350 gr. de spaghetti ou outra pasta alongada

100 gr. de touciño entrefebrado ou guanciale, en cubiños

4 tomates de lata, en anacos

100 ml. de viño branco, seco

4 culleres de aceite de oliva virxe extra

1 cebola grande

1 semente de caiena (opcional)

100 gr. de queixo curado relado

Un chisquiño de sal

  1. Nunha tixola grande (é onde mesturaremos todo ao final) pasamos o touciño, sen aceite, ata que comece a churruscar. Botamos o viño e deixamos cocer a lume medio-baixo ata que case non quede líquido.
  2. Nunha pota, imos cocendo a pasta segundo as instruccións do fabricante. É mellor deixala pouco pasada, xa que logo ha cocer máis.
  3. Retiramos o touciño a un prato e fritimos a cebola no aceite de oliva, sen limpar a tixola. Cando comece a transparentar, engadimos o sal, a caiena e os tomates. cocemos durante 10 minutos, engadimos un par de culleres da auga de cocer a pasta, e 1 minuto despois, a pasta escoada.
  4. Remexemos ben e engadimos a metade do queixo relado.
  5. Servimos quente co resto do queixo, para que cada quen lle bote ao gusto.

Que aproveite!

amatriciana_2

 


Comments

  1. pintafontes
    10/06/2016 - 16:57

    Probado, e moi rico. Queda incorporada á lista de receitas habituais ata aburrir dela. Eso si, dobramos a proporcion de salsa

    • Mellor que sobre! 😀 A verdade é que está deliciosa, e tamén se pode usar con arroz branco ou pan. Un saúdo!

Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *