Brócoli con cous-cous, pasas e noces

O brócoli nunca foi unha verdura que me gustase moito ata hai un par de anos, pero agora non podo parar de argallar receitas con el! Penso que o problema é que sempre o cocía de máis, e así perdía moito do seu sabor. Refogado nunha tixola está delicioso, e desta vez aproveiteino para facer […]

Queique de pistacho e chocolate branco

Os froitos secos fan moito avío na repostería, a mín encántame usalos e probar cousas distintas, coma este queique que vin na páxina de “Ruby bakes”, un festival para os que lle gusten os queiques e galletas. O resultado non puido ser mellor, un queique esponxoso e cun toque salgado, que combina á perfección co […]

Quiche vexetal con anacardios

Aínda que non son vexetariana (raro sería tendo un blogue que se chamase así) ultimamente ando a experimentar con pratos sen carne. Esta quiche é moi gustosa e sinxela de facer, sobre todo porque fixen trampa e comprei o follado xa feito, igual que na receita de palmeiriñas. En total levará pouco máis dunha hora. […]

Cous cous doce con te, dátiles e granada

Aquí vai unha alternativa para os que estades fartos do arroz con leite, un cous cous moi cargadiño, que ten un sabor e unha historia moi especial. Igual que o polo con granada, é unha receita andalusí. Esta recuperouse faise relativamente pouco, ao mover unha mesa para redecorar un restaurante en Granada: cando o moble […]