Patacas Hasselback con queixo do país e touciño

Estas patacas asadas teñen a súa orixe nun restaurante de Estocolmo, o Hasselback, nos anos 40. De Suecia saltaron a todo o mundo e hoxe en día é unha receita moi popular. As patacas quedan cunha textura similar ao fritilas, pero no forno, e a cantidade de ingredientes que aditen é amplísima, porque as patacas, coma o negro, van con todo.

Podedes meterlles difrenetes queixos, sobrasada e mel, ou siplemente aceite e follas de loureiro, han quedar riquísimas!

Ingredientes (para 4 entrantes, ou dos pratos)

4 patacas ben grandes

100 gr de queixo do país

60 gr. de touciño entrefebrado

Aceite ao gusto

Sal e pementa

  1. Prequecemos o forno a 200º, con calor arriba e abaixo.
  2. Lavamos as patacas e facémoslles fendas cada 0,3-0,5 cm. Para non chegar ao fondo, podedes apoialas no mesado e colocarle dous pauciños (dos de restaurante chinés) ao lados para que fagan de tope.
  3. Botamos un pouco de aceite de oliva entre as fendas e colocamos anaquiños de touciño no medio.
  4. Cocemos no forno durante 45 minutos.
  5. Colocamos o queixo nas fendas, quecemos 10-15 minutos máis con calor só por riba.
  6. Servimos quentiñas :P

Que aproveite!

patacas_hasselback


Abacates recheos ao forno

Sei que en galego o xeito "oficial" é aguacate. Pero, igual que os cacaués a palabra abacate gustame moito máis! Moi populares dun tempo a esta parte, os abacates son moi nutritivos e teñen propiedades antioxidantes. O truco é atopalos bos e que non haxa que pagar unha letra da hipoteca por eles (nesta ocasión só puiden cumprir o primeiro, ¬¬U). Nota: Se tendes a sorte de ter ovos de paspallás, é o momento perfecto para usalos (no canto dun de galiña).

Esta receita dalle un toque quentiño que presta moito no inverno, e se non vos gusta o touciño podedelo cambiar por queixo feta ou noces! Para ver máis pratos lixeiros, probade esta receita de ensalada grega de garavanzos, ou esta crema de batata e cenoura.

Ingredientes (para unha ración)

Un abacate

Un ovo grande

2 tiriñas de touciño (ou un anaco de queixo feta)

Un chisco de sal

  1. Quecemos o forno a 170º
  2. Pasamos o touciño pola tixola ata que quede crocante. Reservamos.
  3. Metemos o ovo nun vaso e pinchámolo cun garfo, sen bater.
  4. Abrimos o abacate en dúas metades e quitámoslle o óso. Cunha culler facemos o oco un pouco máis grande (reservamos a carne que sobre).
  5. Botámoslle sal ao abacate e enchémolo co ovo, sen que chegue e rebosar.
  6. Cocemos durante 15-20 min na parte superiori do forno, ata que ovo calle e o abacate teña pintiñas douradas.
  7. Decorámolo co touciño e o resto da carne.

Que aproveite!

abacate-forno-2


Espeto de porco, albaricoque e touciño entrefebrado

Tiña ganas xa dende hai tempo de probar un espeto de carne, e un día atopei de casualidade esta receita que fixen sen moitos cambios (e tan sinxela, que non dá para máis!). No canto de ameixas usei albaricoques deses pequeniños, pero penso repetila cas ameixas moradas, as miñas favoritas. A mestura de carne e doce non sempre é do gusto de todo o mundo, sempre podedes facer probas con outras froitas (o mango iríalle ben) ou facelas con touciño só, pero así perderían un pouco de gracia...

Moi recomendable para leva preparada a unha barbacoa, ou para facer nunha tixola-grella que teñades por casa. Eu só teño unha tixola normal, e tiven que recortan un chisco as puntas do espeto para que caibesen: ollo con iso, comprobádeo antes de insertar a carne.

Ingredientes (para catro espetos)

250 gr. de paleta de porco en dadiños de 2x2 cm.

5 albaricoques pequenos

8 tiras de touciño entrefebrado

Sal e pementa

Un chisco de aceite - só se usades unha tixola

  1. Botamoslle o sal e a pementa á carne.
  2. Lavamos os alabaricoques e cortámolos pola metade. Quitámoslles o óso.
  3. Cunha tira cada unha (ou media, se e moi larga) envoltamos as metades dos albaricoques.
  4. Metemos un anaco de carne, medio albaricoque e así sucesivamente ata que o espeto quede case cheo, deixando un espacio para collelo cas mans.
  5. Quentamos a tixola (grella, barbacoa, etc.) e cociñamos ata que o porco estea ben feito e o touciño crocante.
  6. Servimos axiña, que frío non vale nada!

Nota: Un truco para que os espetos non rachen é mercalos de bambú. Son máis caros pero tamén máis resistentes. Se non, collede uns "de toda a vida" e deixadeos en remollo vinte minutos antes de usalos, así quedarán máis elásticos.

Que aproveite!espeto5 espeto4 espeto2